A Xunta patrocina un concerto de La Penúltima Sabinera este venres en Lourenzá, no marco dos actos da ‘Lenda do Conde’

Lourenzá (Lugo), 28 de agosto de 2025

A Xunta colabora coas festas do Conde Santo de Lourenzá, que se celebran dende hoxe ata o próximo luns, 1 de setembro, cunha variada programación de actividades.

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación dos actos xunto con membros da asociación cultural Conde Santo, responsable da organización. O espectáculo teatral Punto en boca: entre fíos anda o lío, seguido do pregón, abren esta tarde o festexos.

Mañá venres será o Día da Bicicleta. Pola noite, o claustro do Mosteiro de San Salvador acollerá a cea da Lenda do Conde - 21,30 horas - e un concerto de La Penúltima Sabinera – 23.30 horas - patrocinado pola Xunta. A organización anima aos asistentes a acudir ataviados con traxes de época. Ao longo das diferentes xornadas tamén sairán os cocos e cabezudos e haberá verbenas e actuacións musicais variadas, entre outras propostas.                                                        

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/08/2025