Arias asiste á inauguración da exposición ‘40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro’ en Lugo
2025-09-05
/documents/35297/1846225/IMG-20250904-WA0108.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 4 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta tarde na inauguración da exposición ‘40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro’ na sede de Afundación en Lugo.
A mostra, de cáracter itinerante, está promovida polo Parlamento de Galicia -onde se presentou por primeira vez en 2021- e conta coa colaboración de La Voz de Galicia e Afundación-Obra Social Abanca. A través dunha selección das ilustracións políticas realizadas polo artista desde 1981 ata 2006, ofrece un percorrido visual pola historia política máis recente da comunidade.
A exposición poderase visitar en Lugo ata o vindeiro 11 de outubro, en horario de luns a sábado de 17.30 a 20.30 horas.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 05/09/2025