Medio Rural enxalza a produción de pataca con selo de calidade diferenciada
2025-09-05
/documents/35297/1846228/20250905AlemparteAlimagroII.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Xinzo de Limia (Ourense), 5 de setembro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á inauguración da VI Feira do Agro da Limia, Alimagro, que se está a celebrar esta fin de semana no concello ourensán de Xinzo de Limia. Alí, o director destacou a importancia da produción deste tubérculo na nosa comunidade, que conta cunha certificación de calidade propia, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia
Esta IXP conta con 80 produtores e 13 almacenistas adheridos e ten unha superficie plantada que rolda as 600 hectáreas. No 2024 comercializáronse máis de 5,2 millóns de quilos de pataca de calidade diferenciada, que acadou un valor económico estimado de 3,1 millóns de euros.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 05/09/2025