A Xunta colabora coas festas patronais de Palas de Rei, que comezan este xoves

Lugo, 8 de setembro de 2025

A Xunta colabora coa celebración das festas patronais do Ecce Homo de Palas de Rei, que se celebran do 11 ao 14 de setembro. O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación do programa acompañado de representantes da comisión organizadora.

Entre as actividades previstas destacan os concertos de El Borrón del Escribano e de Pepe Piña -o xoves 11-; o festival de danza tradicional ‘O palacio do rei’ -o sábado-; ou o espectáculo de folk-rock a cargo de Queiman e Pousa -o domingo-.

A programación complétase coas tradicionais verbenas con orquestras como a París de Noia e Los Key, sesións de dj’s, as actuacións da Coral polifónica local e a Banda de música de Guntín, ou o Día do Neno. O venres 13 distintas agrupacións participarán nos Cantos de Taberna que, tamén co apoio do Goberno galego, percorrerán os establecementos hostaleiros da localidade para animar a celebración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2025