O delegado territorial amosa a colaboración da Xunta coa carreira de obstáculos ‘Uros Race’
Ourense, 11 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou a importancia da celebración de eventos deportivos patrocinados pola Xunta, como é o caso da ‘Uros Race’, na estratexia de promoción do deporte e a saúde na provincia.
O delegado territorial desexou o maior dos éxitos a organización desta proba e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia para seguir apoiando actividades que fomenten o deporte accesible, sostible e participativo na provincia.
A carreira
A ‘Uros Race’ é unha carreira de obstáculos deseñada para todos os públicos, idades e condición física. A proba está dividida en tres categorías; elite para os corredores e corredoras máis preparados, sendo puntuable para o campionato de España; starter: para corredores e corredoras menos experimentados pero que aspiran a ser elite, e a categoría popular, dirixida a todos os públicos.