A Xunta fomenta o consumo local a través da nova campaña da Asociación de Comerciantes do Calvario

Vigo, 12 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, animou este venres á cidadanía viguesa a consumir no comercio local durante a presentación da nova campaña da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario na rúa Urzaiz. Acompadada pola presidenta do colectivo, Encarnación Álvarez, a representante autonómica destacou a iniciativa e sinalou que o Goberno galego está comprometido co fomento dos establecimentos de proximidade. A campaña “Acumula calvariazos e gaña regalazos”, que comeza o 15 de setembro e remata o 13 de outubro, premia a fidelidade dos clientes con agasallos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2025