Arias e o alcalde do Páramo abordan a colaboración entre a Xunta e o concello para impulsar proxectos de interese municipal

Lugo, 17 de setembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde do Páramo, José Luis López, para abordar distintas actuacións en marcha e seguir cooperando no impulso de novos proxectos de interese local.

Arias destacou as colaboracións máis recentes co Concello do Páramo, como a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira ou a instalación de soportes de suxeición para contedores de residuos. 

Estas actuacións suman 39.000 euros de achega autonómica a través de dúas ordes de axudas convocadas en 2025 pola Dirección Xeral de Administración local para apoiar a mellora de servizos e infraestruturas municipais.

O delegado territorial puxo en valor a colaboración da Xunta cos concellos, “ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, pois entendemos que a cooperación entre as administracións autonómica e local resulta fundamental para sacar adiante iniciativas que contribúen a facilitar o día a día dos veciños e veciñas da provincia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2025