O delegado territorial da Xunta en Lugo participa na presentación dun libro sobre a obra do arquitecto Eloy Maquieira
2025-09-24
/documents/35297/1867454/IMG-20250924-WA0107.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 24 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe na sede do Colexio de Arquitectos de Lugo á presentación do libro Eloy Maquieira. A pegada do racionalismo en Lugo. Os autores son Santiago Catalán e Ángeles Porto.
O traballo afonda na obra de Maquieira e a súa influencia na arquitectura da cidade de Lugo, onde foi arquitecto municipal. A publicación contou co apoio da Xunta, que colabora na súa difusión.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 24/09/2025