A Xunta colabora co Concello de Ribadeo na organización do Segundo Encontro do Xubilado
Ribadeo (Lugo), 28 de setembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na celebración do II Encontro do Xubilado, un xantar colectivo organizado polo Concello de Ribadeo e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.
No acto, ao que asistiron centos de veciñas e veciñas do municipio, puxo en valor este tipo de encontros, que fomentan o papel activo das persoas maiores na sociedade. O director xeral aproveitou esta cita, celebrada na explanada da lonxa e que contou con animación musical, para coñecer de primeira man as inquietudes dos maiores deste concello lucense.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 28/09/2025