A Xunta reitera o seu compromiso de colaboración coa candidatura ‘Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración’ a Patrimonio Mundial da UNESCO
2025-09-29
/documents/35297/1874930/FerrolPatrimonio.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 29 de setembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no Concello á presentación dos avances da candidatura Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial onde reiterou unha vez máis o compromiso do Goberno Galego “para que este proxecto acade o máximo recoñecemento do organismo internacional”.
Aneiros puxo en valor o traballo desenvolvido ata o momento e volveu a apelar á importancia da colaboración de todas as administracións e institucións directamente involucradas como son a Xunta, o Concello e a Armada, baixo a coordinación dun dos máximo expertos en Patrimonio Mundial, Alfredo Conti, tamén presente no acto.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 29/09/2025