O seguimento da folga de médicos acada o 23,5 % na sanidade pública galega

Na quenda de mañá, o seguimento da folga nos servizos de atención hospitalaria acada o 28,6 %

No que atinxe a atención primaria, o seguimento da folga é do 10,6 %

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O seguimento da folga de médicos convocada para a xornada de hoxe acadou o 23,5 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Así, a porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 29,5%, unha cifra que se reduce ata o 19,8 % no caso dos centros hospitalarios comarcais. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 28,6 %.

Pola súa banda, no que atinxe á atención primaria o seguimento da folga acadou o 10,67  % de participación.

A sanidade pública galega está a responder axeitadamente a todas as urxencias que se presentaron ata o de agora nos centros sanitarios galegos. Así, a Xunta seguirá traballando para ofrecer unha atención óptima a todos os cidadáns e para acadar as mellores condicións laborais para o conxunto de profesionais, ben sexa na atención primaria ou hospitalaria.

 

 

 

 

 

 

Data de actualización: 03/10/2025