Román Rodríguez destaca a creatividade dos 137 alumnos de 16 centros educativos premiados polos seus proxectos en concursos de emprendemento

O conselleiro de Educación participa na entrega dos premios Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea, enmarcados no Plan de emprendemento no ensino

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de entrega dos premios dos certames Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea a un total de 137 alumnos de 16 centros educativos. Concretamente, premiouse a 119 estudantes de 10 colexios e institutos Primaria e Secundaria do concurso Atrévete a ter unha idea e a 18 alumnos de seis centros de Formación Profesional do concurso Eduemprende Idea promovido xunto coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Estes programas, enmarcados no Plan Eduemprende da Xunta de Galicia, son “moi importantes porque fomentan a creación de ideas. O mundo avanza porque hai ideas, polo tanto, o impulso da cultura do emprendemento na infancia e na adolescencia é fundamental para facer unha sociedade mellor”, afirmou o titular de Educación, que estivo acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez.

Neste senso, aplaudiu a calidade dos proxectos premiados e o traballo desenvolto por todo o alumnado participante e o profesorado implicado nestes programas. “En Galicia queremos darlle aos nosos estudantes unha formación que lles valga para a vida real, para que no futuro poidan acceder a todas as oportunidades dispoñibles, e vendo o potencial dos proxectos hoxe aquí expostos, estou seguro de que estes mozos colleitarán moitos éxitos”, engadiu no acto que se celebrou no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago.

Atrévete a ter unha idea

O concurso Átrevete a ter unha idea ten entre os seus obxectivos promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado así como dar a coñecer aos estudantes o tecido industrial. O concurso conta con catro modalidades de participación –individual e grupal en Primaria e Secundaria– e son premiadas as tres mellores ideas de cada categoría. Os galardoados reciben un dispositivo dixital ou unha experiencia multiaventura.

Na modalidade individual de Primaria resultaron gañadores os colexios Saco e Arce (Toén) e o Plurilingüe Pintor Laxeiro (Vigo), mentres que na modalidade grupal de Primaria foron vencedores os equipos dos colexios Plurilingüe A Fraga e A Magdalena (As Pontes de García Rodríguez) e o Colexio Público Integrado Luis Díaz Moreno (Baralla). No caso de Educación Secundaria, na modalidade individual resultaron gañadores proxectos dos institutos Eduardo Pondal (Santiago de Compostela) e do Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez), mentres que os equipos vencedores da modalidade grupal proveñen dos institutos Fernando Blanco (Cee), Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) e A Sangriña (A Guarda).

Os 12 proxectos premiados nesta edición foron os seguintes:

MODALIDADE

CENTRO

CONCELLO

PROVINCIA

IDEA DE NEGOCIO

Premio individual Primaria

CEIP Saco e Arce

Toén

Ourense

Robot medioambiental

CEIP Saco e Arce

Toén

Ourense

Xerador infantil

CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro

Vigo

Pontevedra

Xerador de enerxía eléctrica nas estradas

Premio grupal    Primaria

CEIP Plurilingüe A Fraga

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

Creactívate no lago

CPI Luis Díaz Moreno

Baralla

Lugo

Cabanas sostibles Baralla

CEIP Plurilingüe A Magdalena

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

Vilaventuras

Premio individual Secundaria

IES Plurilingüe Castro da Uz

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

Turismo ecolóxico

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

A Coruña

Paneis acústicos

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

A Coruña

Cansada de neumáticos gastados

Premio grupal   Secundaria

IES Fernando Blanco

Cee

A Coruña

A Fernandeta

IES Lauro Olmo

O Barco

Ourense

Pel de Valdeorras

IES A Sangriña

A Guarda

Pontevedra

O paraugas sen mango

Eduemprende Idea

No caso de Eduemprende Idea, cuxo obxectivo é incentivar a realización de proxectos empresariais, os participantes debían presentar ideas de negocio orixinais que puideran converterse en novas empresas reais, promovendo, deste xeito, a cultura emprendedora entre o alumnado de Formación Profesional. Os seis proxectos premiados, tres na modalidade de ciclos de grao básico e medio e tres na modalidade de ciclos de grao superior e másteres de FP, reciben un total de 12.000 euros a razón de 3.000€ para o 1º premio, 2.000€ para o 2º e 1.000€ para o 3º.

Nesta edición, na modalidade de ciclos de grao superior e cursos de especialización foron recoñecidos os proxectos dos centros integrados de FP Politécnico de Santiago e Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) e o instituto A Sardiñeira (A Coruña). Na modalidade dos ciclos de grao básico e medio, resultaron gañadores os institutos Chan do Monte (Marín) e Pobra do Caramiñal e o Centro Integrado de FP Montecelo (Pontevedra).

Así mesmo, os gañadores poderán incorporarse a un viveiro de empresa da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Os seis proxectos premiados nesta edición foron os seguintes:

MODALIDADE A (Ciclos grao superior)

CENTRO

CONCELLO

PROVINCIA

PROXECTO

1º Premio

CIFP Politécnico de Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

Ourizo – Play room garden

2º Premio

CIFP Fontecarmoa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Areas do atlántico

3º Premo

IES A Sardiñeira

A Coruña

A Coruña

Wormprot, s. l.

 

MODALIDADE B (Ciclos grao medio)

CENTRO

CONCELLO

PROVINCIA

PROXECNTO

1º Premio

IES Chan do Monte

Marín

Pontevedra

Armony-Outpick

2º Premio

CIFP Montecelo

Pontevedra

Pontevedra

Arrumaco

3º Premo

IES Pobra do Caramiñal

Pobra do Caramiñal

A Coruña

Fundación agroecolóxica inclusiva Aldea viva

 

As ideas gañadoras  de ambos certames abarcan unha ampla gama de temáticas, desde proxectos de turismo ecolóxico e a sustentabilidade ambiental ata a propostas de ocio e de mobilidade. Son proxectos que demostran a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea. O seu enfoque na inclusión, a sustentabilidade e a experiencia do cliente marca un estándar elevado para a innovación empresarial cun impacto positivo na sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2025