Javier Arias participa no acto conmemorativo do Día da Policía Nacional en Lugo

Lugo, 3 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto institucional con motivo da festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional, que se celebrou no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo.

No transcurso do evento procedeuse á imposición de dezaseis medallas ao mérito policial con distintivo branco.

Arias agradeceu o “labor esencial” dos axentes da Policía Nacional e da Unidade de Policía Adscrita (UPA) “para velar pola seguridade de todos os cidadáns e para contribuír a consolidar a imaxe da provincia, e da comunidade, como destino seguro para vivir, traballar e visitar”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2025