Medio Rural salienta a importancia do sector vitivinícola galego de calidade na IV Robla de Seadur
Larouco (Ourense), 4 de outubro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á cuarta edición da Robla de Seadur celebrada no concello ourensán de Larouco. Alí, salientou a importancia do sector vitivinícola galego de calidade, xa que nesta zona prodúcese viño amparado pola Denominación de Orixe Valdeorras.
En total, son cinco as adegas participantes e Consellería do Medio Rural, a través da Axencia, colabora cunha proposta gastronómica elaborada a base de produtos galegos certificados con calidade diferenciada, como empanada de pemento de Herbón con queixo San Simón da Costa ou tosta de IXP Pan Galego con IXP Ternera gallega e Mostaza de Grelo de Galicia. Ademais, os asistentes tamén puideron degustar un magosto coas primeiras castañas da IXP Castaña de Galicia.