A Xunta amosa na Festa do Cabalo de Maside o seu apoio a esta iniciativa dinamizadora do rural
2025-10-05
/documents/35297/1876457/20251005ConselleiroFestaCabaloMaside+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Maside (Ourense), 5 de outubro de 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu hoxe á XXXVII Festa do Cabalo Puzo do Lago, que se celebra na paraxe natural de Puzo do Lago, no lugar de Negrelle.
Trátase dunha cita que congrega cada edición a afeccionados e espectadores para participar nun programa de actividades con diferentes competicións e exhibicións equinas, así como rutas a cabalo e xantar popular. Isto reflicte a esta iniciativa como exemplo do dinamismo do rural galego e da capacidade económica e turística do sector cabalar para seguir xerando riqueza e atraendo poboación ao rural.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 05/10/2025