A Xunta comprométese a seguir colaborando co Hogar y Clínica San Rafael na atención ás persoas con discapacidade

Vigo, 7 de outubro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitaron o centro Hogar y Clínica San Rafael para coñecer as iniciativas e actividades que desenvolven na atención ás persoas con discapacidade a ás súas familias.

Nesta ocasión, puideron comprobar os avances e afondar nos proxectos que desenvolve a entidade en relación á atención da infancia con discapacidade, co obxectivo de ofrecer ás familias novas oportunidades de asesoramento e información neste eido. Deste xeito, ambos directores trasladaron o compromiso da Xunta para seguir traballando man a man na atención ás persoas con discapacidade e ampliando as iniciativas para chegar a máis poboación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/10/2025