A Xunta pon en valor os ‘Mércores de cine’ impulsados polo Centro Comercial Aberto de Caldas de Reis
2025-10-08
/documents/35297/1878426/20251008DXCCCaldasCine01.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Caldas de Reis (Pontevedra), 8 de outubro de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo en valor hoxe a iniciativa Mércores de cine organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA) de Caldas de Reis e apoiada pola Xunta no marco das axudas a este tipo de entidades. Alí, destacou esta aposta polo comercio local a través do agasallo de entradas de cine aproveitando as compras nos diferentes establecementos asociados ao CCA.
Deste xeito, as persoas participantes terán que presentar o seu tícket de compra ao chegar ao Cine Avenida, a súa entrada e pagar tan só un 1 euro a maiores. Alén destacou o reclamo da campaña, que arrancou o pasado mes de setembro e continuará desenvolvéndose deica o próximo mércores 15 de outubro.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 08/10/2025