A Casa de Galicia en Madrid comparte os 75 anos da Editorial Galaxia

Madrid, 8 de outubro de 2025

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o relatorio Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial.

Ramos destacou a relevancia de Editorial Galaxia e subliñou que “a cultura e as letras galegas non serían o mesmo sen a Editorial Galaxia”. O encontro serviu para poñer en valor o legado dunha das institucións máis emblemáticas que naceu hai xa 75 anos, despois do pasamento doutro referente galego, Castelao.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/10/2025