Belén do Campo asiste á toma de posesión de Luis Torres Foira como novo presidente do Consello da Avogacía Galega

A Coruña, 10 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta da Coruña, Belén do Campo,  xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiron esta mañá ao acto de toma de posesión de Luis Torres Foira como novo presidente do Consello da Avogacía Galega, nunha cerimonia celebrada no Colexio da Avogacía da Coruña.

Durante o acto, no que participaron representantes institucionais e dos distintos colexios de avogados de Galicia, a delegada felicitou ao novo presidente e recoñeceu o traballo esencial da avogacía galega na defensa dos dereitos, das liberdades e do acceso á xustiza para toda a cidadanía.

A representante autonómica subliñou tamén a colaboración permanente entre a Xunta e o Consello da Avogacía Galega, especialmente en ámbitos como a xustiza gratuíta, os desafiuzamentos, a violencia de xénero, a mediación e a modernización da administración de xustiza, sinalando que “a cooperación institucional é clave para garantir un servizo público de calidade e máis próximo á cidadanía”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2025