A Xunta avalía vías de colaboración coa orquestra lucense Terra Nova para a programación desta tempada

Lugo, 20 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo esta mañá unha reunión co director da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova, Nicolás Ravelli, e co seu presidente, Jorge Coira, na que lle presentaron a programación de concertos e actividades da formación desta tempada e avaliaron posibles fórmulas de colaboración.

Entre outras cuestións, abordaron a posibilidade de facilitar espazos dependentes da Administración autonómica para acoller as actuacións dalgunhas das formacións coas que conta a orquestra, como a Ensemble de Metais ou a da Música Antiga.

Arias felicitou á agrupación, que conta con máis dun cento de integrantes, polo traballo de promoción e difusión da música clásica que desenvolven dende Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2025