A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa directiva do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión de traballo coa directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, encabezado polo seu decano, Enrique Urcola Fernández-Miranda.

Ao encontro asistiron tamén o nova directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza Martínez, que tomou hoxe posesión do seu cargo, o director saínte, Francisco Menéndez, así como o secretario da entidade colexial, Francisco Rosado Corral.

No encontro, a conselleira e a directiva do Colexio abordaron vías de colaboración entre a Administración autonómica e a entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2025