A Xunta aplaude o compromiso do Museo do Pobo Galego coa accesibilidade na presentación da súa guía de pictogramas
2025-10-23
/documents/35297/1887473/20251023FotoDXDiscapacidadePictogramasMuseoPoboGalego.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asistiu hoxe á presentación da guía de pictogramas da sala do mar do Museo do Pobo Galego. Esta guía foi elaborada como parte das propostas de accesibilidade do Museo e contou coa colaboración de Aspanaes.
Begoña Abeijón destacou a importancia deste tipo de iniciativas que permiten avanzar cara a plena inclusión. Os pictogramas fan posible que as persoas con diferentes capacidades cognitivas, sensoriais ou lingüísticas poidan acceder á información e desfrutar de maneira autónoma da súa visita ás instalacións.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 23/10/2025