A Xunta reafirma o seu compromiso coa participación das persoas con síndrome de Down en todos os ámbitos da sociedade

O delegado territorial, Javier Arias, interviu en Ribadeo no foro ‘Tan iguais coma diferentes’, onde destacou que o Goberno galego traballa da man das entidades como Down Galicia para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades

Ribadeo (Lugo), 25 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, interviu hoxe na inauguración do foro Tan iguais coma diferentes, organizado polo Concello de Ribadeo e a asociación Down Lugo.

O obxectivo da iniciativa é visibilizar as capacidades das persoas con síndrome de Down, concienciar sobre a diversidade e seguir construíndo unha comunidade máis inclusiva e solidaria.

Arias reafirmou o compromiso do Goberno galego coa participación das persoas con síndrome de Down en todos os ámbitos, “un reto no que temos que ir da man as institucións, as entidades e toda a sociedade”.

Destacou que a Xunta mantén unha rede de colaboración estable con entidades como Down Galicia, á que presta apoio económico e institucional para desenvolver programas que promoven a calidade de vida, a autonomía persoal, a inclusión social e laboral e a igualdade de oportunidades das persoas con síndrome de Down.

O delegado tamén felicitou aos organizadores “por promover este foro que convida a reflexionar sobre a realidade das persoas con síndrome de Down, expoñer os avances logrados en diferentes ámbitos e apostar por un futuro máis igualitario”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2025