A Xunta mellora o sistema de protección contra incendios do IES Ponte Caldelas
Esta actuación contou cun investimento da Xunta de preto de 27.000 euros
O delegado territorial lembrou o compromiso da Xunta coa comunidade educativa e o traballo constante para manter unhas instalación modernas e confortables
Ponte Caldelas (Pontevedra), 29 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o IES Ponte Caldelas, no concello de Ponte Caldelas, no que a Xunta ven de realizar unha actuación para adecuar o seu sistema de prevención de incendios.
Así, os traballos, que supuxeron un investimento de preto de 27.000 euros, consistiron na colocación dun novo armario de contadores, a mellora da fontanería e a adecuación do sistema de abastecemento de augas.
O delegado territorial aproveitou a visita para destacar os importantes investimentos que se levaron a cabo este verán en reformas e melloras dos centros educativos de toda a provincia de Pontevedra e asegurou que “o compromiso da Xunta é manter uns espazos modernos, confortables e accesibles a toda a comunidade educativa”.