Román Rodríguez reivindica o modelo galego de I+G+i a través da innovación, a dixitalización e o talento

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reivindica o modelo galego de desenvolvemento sustentado na innovación, a dixitalización e o talento que conta co “compromiso decidido” da Xunta de Galicia a través da ciencia e a investigación aplicada. Un modelo que, afirmou, é exemplo “da mellor Galicia Calidade a través da nosa I+G+i”.

Así o afirmou hoxe o titular de Ciencia do Goberno galego, que interveu na inauguración do foro GALICIATIC, organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia, onde tanto empresas galegas punteiras como distintos centros educativos dispoñen de expositores nos que amosan as súas iniciativas en materia de innovación. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/10/2025