Xosé Merelles destaca o valor intanxible que outorga a marca Galicia Calidade á SD Compostela

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron esta mañá a tenda oficial da Sociedade Deportiva Compostela onde puideron comprobar o interese que esperta o material que conta co distintivo da marca Galicia Calidade que vén colaborando coa entidade desde hai tres anos.

Galicia Calidade patrocina o equipo deportivo, concretamente, a camiseta coa que adestran os xogadores e que logo de pode mercar na tenda oficial. Xosé Merelles salientou “a boa acollida deste produto que leva a marca de calidade que define por excelencia o que Galicia significa no seu conxunto e que este ano tamén estamos trasladando a través da campaña de promoción do destino”. Ao tempo, destacou a importancia das citas deportivas que ademais de trasladar o alto nivel competitivo que existe na comunidade tamén funcionan como reclamo e interese para afeccionados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/10/2025