O delegado territorial da Xunta recibe a nova xefa do servizo da AXI en Ourense
2025-11-07
/documents/35297/1903833/071125+Audiencia+%C3%A1+nova+responsable+da+AXI+Ourense+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 7 de novembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa nova xefa do servizo da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense (AXI); a enxeñeira de Obras Públicas Natalia Varela, á que desexou unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.
Manuel Pardo aproveitou o encontro para amosarlle os mellores desexos ao seu antecesor no cargo, Marcos Buíde, no período profesional que comeza como xefe da sección técnica en Área de Construción e Conservación na AXI de Santiago de Compostela.
Data de actualización: 07/11/2025