A delegada territorial da Xunta en Ferrol asiste á inauguración da exposicion ´Nada é fraxil...´ de Ricardo Segura Torrella

Ferrol, 7 de novembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no centro cultural Torrente Ballester ao acto de inauguración da exposición Nada é fráxil... de Ricardo Segura Torrella, organizada polo Concello de Ferrol en conmemoración do 25 aniversario do seu pasamento. 

A exposición contará tamén con visitas didácticas para achegar o legado deste pintor ferrolán cuxa obra evolucionou co tempo, desde un expresionismo máis académico ata un trazo máis liberado da técnica. Segura Torrella foi o fundador do Museo Bello Piñeiro onde se atopa unha boa representación da súa obra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2025