A delegada da Xunta en Ferrol analiza coa directiva da SDCR O Freixo, de Narón, posibles vías de colaboración co seu proxecto deportivo

Ferrol, 12 de novembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo onte unha reunión con membros da directiva da SDCR O Freixo, de Narón, para coñecer o proxecto desta entidade deportiva que conta con máis de 30 anos de historia e unha das canteiras de fútbol e fútbol sala máis nutridas de Ferrolterra.

Durante o encontro de traballo, no que estivo presente o presidente da entidade, Rafael Pazos, analizáronse posibles vías de colaboración coa Administración autonómica.

O encontro forma parte da rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo habitualmente co tecido asociativo e empresarial da zona coa finalidade de coñecer de primeira man as necesidades e demandas do territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/11/2025