A Xunta pon en valor a coordinación sociosanitaria como eixo principal do sistema de coidados de Galicia
Barcelona, 12 de novembro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta tarde na mesa redonda O futuro da integración sociosanitaria: o papel clave das alianzas público-privadas no marco do X Congreso Internacional Dependencia e Calidade de Vida: Coidando xuntos coidaremos mellor que se celebra estes días en Barcelona.
O director xeral puxo en valor o traballo que desenvolve a Xunta para poñer a disposición dos maiores recursos de atención integrais que faciliten a coordinación sociosantiaria como a historia clínica dixital nas residencias a través do Ianus; ou o sistema de telecomunicación destes centros, que ademais de facilitar a interacción entre os usuarios e os profesionais, tamén ofrece posibilidades no tratamento de determinadas patoloxías con exercicios específicos.
Neste senso, Antón Acevo trasladou que unha das apostas da Xunta para a atención das persoas dependentes pasa por ofrecer recursos específicos na súa contorna, dándolles a posibilidade de que poidan escoller onde queren ser coidados.