Aneiros reitera o compromiso da Xunta de seguir impulsando políticas de inclusión, accesibilidade e igualdade nos XIV Premios ‘Carro de Prata’ da ASCM

Ferrol, 15 de novembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na sede de Afundación, na entrega dos XIV Premios Carro de Plata e o premio Voluntario/a do Ano 2025 que outorga a asociación ASCM en recoñecemento ao labor e compromiso de persoas e institucións en favor da inclusión, a diversidade e a participación social das persoas con discapacidade.

Aneiros tivo palabras de agradecemento ao traballo da entidade social ao longo dos seus 30 anos de historia nos que, como sinalou, “fostes capaces de transformar realidades, de derrubar barreiras —non só físicas, senón tamén mentais— e de demostrar que unha sociedade máis xusta e diversa é posible cando se constrúe con solidariedade, responsabilidade e empatía”.

Reiterou tamén o compromiso da Xunta de seguir impulsando políticas de inclusión, accesibilidade e igualdade de oportunidades en todos os ámbitos, “non só como un obxectivo social senón como un dereito fundamental e unha condición indispensable para o progreso”, porque como resaltou, “unha Galicia que non deixa a ninguén atrás é unha Galicia máis forte, máis cohesionada e máis digna”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2025