Javier Arias asiste á presentación do libro ‘El pacificador’ de Francisco Suniaga

Lugo, 24 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta tarde en Lugo á presentación do libro ‘El pacificador’, do escritor venezolano Francisco Suniaga.

O autor, que reside en España desde hai dous anos, é un dos escritores máis lidos en Venezuela nos últimos tempos. ‘El pacificador’ é a súa quinta obra, unha novela histórica que analiza o papel do xeneral español Pablo Morillo en América entre os anos 1815 e 1820. O militar tivo un forte vínculo con Galicia, onde librou batallas no curso da guerra da Independencia contra Francia.

Na presentación desta tarde, que se desenvolveu no local da Asociación de Prensa na capital lucense, Francisco Suniaga estivo acompañado polo xornalista Javier Conde, tamén venezolano e residente na provincia desde hai anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2025