A Xunta fai balance en Madrid do elevado grao de execución do programa de desenvolvemento rural de Galicia
Madrid, 3 de decembro de 2025
O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, asistiu hoxe á xornada de balance e peche de Feader 14-22, reunión convocada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e dirixida ás diferentes autonomías, para facer balance da execución dos seus respectivos programas de desenvolvemento rural (PDR), que está a pique de finalizar.
No marco deste encontro, o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, participou nunha mesa redonda sobre xestión sustentable dos recursos naturais e acción polo clima. Ambos representantes de Medio Rural incidiron no elevado grao de execución do PDR galego, que acada xa preto do 95 % e que supera a media nacional e europea.