A Xunta felicita os participantes da gala Superarte que un ano máis converteron este evento cultural nun referente da inclusión a nivel nacional

Vigo, 3 de decembro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón; a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez; e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño; asistiron á celebración da gala SuperArte na que diferentes artistas con discapacidade amosan as súas habilidades na interpretación.

Desde a Xunta trasladaron os parabéns de todo o Executivo aos participantes desta gala que un ano máis, como xa é tradición, converteron este evento cultural nun referente da inclusión a nivel nacional, co obxectivo de dar visibilidade ás habilidades e autonomía das persoas con discapacidade.

Data de actualización: 03/12/2025