O director da Axencia Para a Modernizacion Tecnolóxica de Galicia asiste á presentación dos plans de despregamento de MasOrange no rural
2025-12-12
/documents/35297/1950473/20251212+MasOrange.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Abegondo (A Coruña), 12 de decembro de 2025
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, asistiu hoxe, no Concello de Abegondo, á presentación das actuacións do operador MasOrange para despregar redes 5G no rural, no marco do Plan UNICO do Estado.
Cerviño destacou a importancia que a conectividade supón para unha Comunidade como a galega, e expresou o seu desexo de que se cumpran os obxectivos de desenvolvemento do plan estatal no prazo previsto para garantir ás zonas rurais o acceso a unhas redes telecomunicación de voz e datos de calidade.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 12/12/2025