Belén do Campo asiste un ano máis ao Encontro de Nadal da Autoridade Portuaria na Lonxa da Coruña
A Coruña, 17 de decembro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu un ano máis ao tradicional Encontro de Nadal organizado pola Autoridade Portuaria da Coruña, celebrado na Lonxa da Coruña.
Este acto, xa consolidado no calendario de Nadal da cidade, reuniu a representantes do ámbito portuario, económico e social, co obxectivo de compartir un espazo de encontro e recoñecer o papel estratéxico do porto e da lonxa como motores de desenvolvemento económico e social para A Coruña e para Galicia.
A representante do Goberno autonómico destacou a importancia da colaboración entre administracións para continuar impulsando o crecemento do sector portuario, así como o compromiso da Xunta de Galicia co fortalecemento das infraestruturas portuarias e coa actividade pesqueira, fundamentais para o emprego e a economía local e puxo como exemplo a estrutura flotante do Parrote ou o proxecto da fachada marítima.