Belén do Campo asiste ao Concerto de Nadal 2025 interpretado pola Unidade de Música do Cuartel Xeral de Mando de Apoio á Manobra

A Coruña, 17 de decembro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu esta tarde ao Concerto de Nadal 2025, celebrado no Teatro Colón, e interpretado pola Unidade de Música do Cuartel Xeral de Mando de Apoio á Manobra.

A delegada destacou a importancia de iniciativas culturais deste nivel, que contribúen a enriquecer a programación musical da cidade e a achegar á cidadanía propostas artísticas de gran calidade, especialmente nunhas datas tan sinaladas como o Nadal.

Así mesmo, puxo en valor o labor da Unidade de Música do Cuartel Xeral de Mando de Apoio á Manobra, subliñando o seu papel como embaixadora cultural e o seu compromiso coa difusión da música e coa participación en eventos abertos á sociedade.

O concerto, que contou cun amplo repertorio acorde ao espírito do Nadal, reuniu a numeroso público no emblemático Teatro Colón, consolidándose como unha cita cultural de referencia nestas datas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/12/2025