Medio Rural destaca a progresiva consolidación da Indicación Xeográfica Protexida Capón de Vilalba
2025-12-21
/documents/35297/1958856/20251221_Alemparte_Capon_Vilalba.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Vilalba (Lugo), 21 de decembro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu esta mañá á Feira do Capón de Vilalba, que se desenvolve no recinto da Praza da Constitución. Alemparte destacou os avances rexistrados para a progresiva consolidación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) que ampara este produto, con tres operadores xa certificados. Ademais, salientou a ampla tradición desta feira, a súa vinculación coas datas do Nadal en Galicia e a súa importancia como dinamizadora económica e social da contorna.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 21/12/2025