O delegado territorial da Xunta en Lugo asiste á apertura do Mercado de Nadal de Begonte
Begonte (Lugo), 20 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu á apertura do Mercado de Nadal organizado polo Concello de Begonte, que poderá visitarse hoxe e mañá de 12,00 a 21,00 horas.
Trátase da quinta edición desta iniciativa, que conta con expositores de artesanía, alimentación, decoración, ocio e regalos; ademais de atraccións infantís e postos de gastronomía.
Unha das propostas deste ano é a I Gala Internacional de Maxia de Begonte, que se celebra hoxe ás 19,30 horas coa colaboración da Xunta. No espectáculo actuarán os ilusionistas Mago Rafa, Dani Polo, Bonjin Koo e Lore Lavand.
Arias destacou que con esta oferta Begonte suma un novo atractivo para os visitantes durante as festas de Nadal, que se suma ao tradicional Belén electrónico, declarado festa de Interese Turístico de Galicia.