Medio Rural destaca o incremento dun 40% da produción certificada pola IXP Mel de Galicia este 2025

Boqueixón (A Coruña), 30 de decembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu hoxe ao pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, onde se destacou o incremento da produción certificada ao longo deste ano, chegando a ser un 40% superior con respecto ao 2024.

A maiores, a IXP Mel de Galicia pecha o 2025 coa incorporación de tres novas envasadoras, chegando a un total de 46. Por outra banda, este distintivo de calidade tamén conta con 70 marcas a través das cales se comercializa Mel de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/12/2025