Medio Rural destaca a importancia da produción en ecolóxico na nosa comunidade

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2026

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (Proecogal), na que puxeron en valor a importancia que ten este réxime na nosa comunidade, xa que contribúe ao consumo de produtos de km0 e á sustentabilidade ambiental.

Neste sentido, avaliaron a posibilidade de establecer vías de colaboración con Proecogal para levar a cabo iniciativas que impulsen a produción ecolóxica. Cabe sinalar que Galicia conta cun distintivo de calidade propio que certifica este tipo de producións. Segundo os últimos datos, a comunidade conta con máis de 45.400 ha de superficie cultivada en ecolóxico. Así, os produtos amparados baixo este distintivo acadan un valor económico estimado de máis de 111.000 euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/01/2026