Martina Aneiros destaca a Semana Santa ferrolá como alicerce para o desenvolvemento turístico da cidade durante a presentación do cartel deste ano

Ferrol, 16 de xaneiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Concello de Ferrol, na presentación oficial do cartel da Semana Santa de Ferrol 2026, paso previo á que terá lugar a próxima semana na Feira Internacional de Turismo Fitur.

Aneiros comprometeu o respaldo do Goberno galego á promoción da Semana Santa ferrolá que cualificou “como un alicerce fundamental para o desenvolvemento turístico da cidade”. Na súa intervención, puxo en valor a colaboración entre as administracións e tecido social, “o que nos sitúa no camiño correcto para fortalecer a marca turística de Ferrol como parte esencial da marca Galicia Calidade”, sinalou.

A delegada territorial recoñeceu ademais o traballo que durante todo o ano levan a cabo as cinco confrarías coordinadas pola Junta General e felicitou especialmente á Confraría da Merced pola imaxe que ilustra o cartel deste ano que cualificou como “unha metáfora da emoción e beleza da Semana Santa ferrolá”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2026