A Xunta apoia unha nova edición do ‘Mariñas Sound’, que se celebrará esta fin de semana no Pazo de Feiras de Lugo

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da terceira edición do “Mariñas sound”, que se celebrará os días 30 e 31 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, trasladou ao promotor do festival, Bruno Castro, o apoio do Goberno galego, e gabou o labor dos organizadores por ampliar a oferta musical da cidade cunha proposta centrada na  música urbana e electrónica.

O venres actuarán no festival Bayron JVL, Gloosito, MDA, 9Louro, Vreno YG, Pawly, Tebe Rivera, Brna, Joel Morchón, Unaii e Valensk8. O primeiro concerto comezará ás 19:00 e prologaranse ata as 4:00 da madrugada.

O sábado, a partir das 20:00 horas, tomarán o relevo no escenario D.Valentino, Alex Martini, Dirty Suc, Bluu, Skinyz, Sneaky WH, 17 Beats e Samu Pexe. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/01/2026