Medio Rural forma ás entidades colaboradoras da PAC para que asesoren de xeito óptimo a agricultores e gandeiros galegos nesta próxima campaña
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, acompañado por persoal do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), participou hoxe nunha xornada formativa para explicarlle ás entidades colaboradoras da PAC, tanto ás financeiras como ás organizacións profesionais agrarias e de asesoramento, como se realiza a gravación da solicitude única da PAC de cara a esta próxima campaña.
Esta acción, que tivo lugar hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, ten como obxectivo preparar estas entidades para a campaña de 2026, co fin de que poidan prestarlle apoio óptimo aos gandeiros e agricultores que o precisen, xa que esta gravación comezará xa en febreiro.