A Xunta e os concellos de Monterrei e Cualedro traballan conxuntamente a prol da promoción dos produtos agroalimentarios

Monterrei (Ourense), 29 de xaneiro de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe cos alcaldes dos concellos ourensáns de Monterrei, José Luis Sánchez; e de Cualedro, Luciano Rivero; para traballar conxuntamente na promoción dos produtos agroalimentarios que se comercializan nestas localidades.

Neste sentido, a Consellería do Medio Rural conta con axudas para a celebración de actividades e eventos que sirvan para poñen en valor os produtos agroalimentarios locais, especialmente aqueles de calidade diferenciada como os viños da Denominación de Orixe Monterrei e as carnes da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2026