O presidente do Goberno galego participou na entrega a Julio Rodríguez do premio Diego Bernal, outorgado pola Asociación de Periodistas de Galicia

Rueda reivindica a relación directa que existe entre os medios de comunicación e o Goberno galego

Sinala que na nosa comunidade todo é máis tranquilo e menos crispado sen renunciar á defensa de posturas firmes

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe a relación directa que existe entre os medios de comunicación e o Goberno galego.

Así o sinalou durante a súa intervención na entrega do premio Diego Bernal, que a Asociación de Periodistas de Galicia outorgou este ano ao director de Atlántico Diario, Julio Rodríguez.

O titular do Executivo galego puxo en valor a transparencia que caracteriza ao ecosistema comunicativo galego e sinalou que é un “elemento diferencial” que debe continuar no tempo.

Segundo destacou o presidente, este feito provoca que na nosa comunidade todo sexa “máis tranquilo e menos crispado”, sen renunciar á defensa de posturas e principios firmes. Unha mostra máis da “maneira de facer” que implica Galicia Calidade e da que o premiado é “un perfecto exemplo”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2026