A Xunta recibe sete ofertas para executar as obras de mellora do acceso a Setados, nas Neves, ás que se destinará un investimento de 500.000 euros
A través desta intervención, mellorarase a calzada e crearase un carril central para facilitar os xiros
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2026
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, recibiu un total de sete ofertas de empresas para executar as obras de mellora do acceso a Setados, nas Neves, na que a Xunta investirá 500.000 euros.
O obxectivo é reforzar a seguridade viaria nesta zona e permitir unha circulación máis confortable para todos os veciños e veciñas. Para elo, mellorarase a trazada e o cruce propiamente dito, ademais de crear un carril central que permita facer o xiro con seguridade.
O proxecto obxecto deste contrato tamén inclúe un desvío para comunicar a vía municipal coa PO 400.
A Xunta mantén o seu compromiso coa mellora e mantemento das vía de titularidade autonómica.