Portos de Galicia e o Club Náutico Isla de la Toja colaborarán para crear novas prazas de amarre
2026-01-30
/documents/35297/2013512/20260130PortosReuni%C3%B3nClubN%C3%A1uticoLaToja+%283%29.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa directiva do Club Náutico Isla de la Toja, de O Grove (Pontevedra) para coordinar futuras melloras para a instalación. Durante o encontro, ambas entidades analizaron a proposta do club para a ampliación de prazas de amarre na dársena deportiva.
O presidente de Portos valorou positivamente o anteproxecto do club para incrementar o número de prazas de atracada en pantalán e comprometeuse a axilizar a tramitación da modificación da concesión que será necesaria para a execución das obras, unha vez que os interesados aporten toda a documentación necesaria.
Data de actualización: 30/01/2026