Medio Rural e o concello de Trazo estudan posibles vías de colaboración para impulsar o sector agrogandeiro da localidade

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa do concello coruñés de Trazo, Josefina López. Nesta xuntanza estudaron posibles vías de colaboración para impulsar o sector agrogandeiro desta localidade e impulsar así o desenvolvemento rural do municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/02/2026