O Pazo de Feiras acollerá en Semana Santa unha celebración infantil con máis de 30 atraccións inchables co apoio da Xunta
A iniciativa está organizada pola federación de asociacións veciñais Lugo Rural Importa para os días 31 de marzo e 1 de abril
Lugo, 3 de febreiro de 2026
O Pazo de Feiras e Congresos acollerá os días 31 de marzo e 1 de abril HinchaLugo, un evento infantil con máis de 30 atraccións inchables impulsado pola federación de asociacións veciñais Lugo Rural Importa coa colaboración da Xunta.
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación desta iniciativa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; a presidenta da entidade organizadora, Cecilia Vázquez; e representantes da empresa de animación Total Sport.
Os nenos e nenas poderá desfrutar de xogos inchables de diferentes tamaños e de temáticas variadas, dende tobogáns ata elementos para a práctica deportiva, circuítos, actividades multiaventura ou atraccións interactivas.
O horario ambos días será de 16,30 a 19,30 horas, cun prezo de 6 euros por entrada cada xornada.
Arias destacou que a proposta reforzará a oferta de ocio en Lugo durante a Semana Santa, unha época de vacacións escolares na que ademais a cidade rexistra unha importante afluencia de visitantes.